InicioSucesosUn veciño de Moaña descobre unha granada de man da Guerra Civil...

Un veciño de Moaña descobre unha granada de man da Guerra Civil mentres limpaba a súa leira

PUBLICADO O

Un veciño da localidade pontevedresa de Moaña localizou unha granada de man da Guerra Civil mentres realizaba tarefas de roza e limpeza nunha leira da súa propiedade. O artefacto foi neutralizado por un equipo de especialistas Tedax da Garda Civil de Pontevedra após recibir o aviso por parte do veciño, segundo informou este sábado o Instituto Armado.

Ao chegar ao lugar, o equipo de Tedax acordoou a zona onde fora localizada e, posteriormente, procedeu a neutralizala. Trátase dun selecta tipo piña, xeralmente fabricadas en Polonia, e que tivo un carácter de uso “residual” durante os anos da Guerra Civil.

A Garda Civil lembra que, en caso de atoparse un artefacto explosivo, non debe tocarse nin manipularse, senón que ten que ser sinalizado, acordoado o lugar para evitar que alguén entre en contacto con el e, de inmediato, proceder a chamar ao teléfono 062 do Instituto Armado.

ÚLTIMAS

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fose secretario xeral do...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...

Piden seis anos para un acusado por tocamentos a unha menor en Vigo

Un home que foi xulgado este xoves na sección quinta da Audiencia Provincial de...