InicioMedio Ambiente e PatrimonioAnimalistas defenden unha lei de benestar animal que inclúa os cabalos

Animalistas defenden unha lei de benestar animal que inclúa os cabalos

PUBLICADO O

A Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber están a denunicar que seguen aparecendo cabalos con cepos e cadeas atenazando as súas patas na comarca do Morrazo.

Desde 2012 estes colectivos animalistas rexistraron xa 160 avistamientos de cabalos, varios na comarca sinalada, tal e como reflicte a páxina web que LIBERA! e FFW manteñen para ese efecto (www.senpexas.info) e onde calquera persoa pode trasladar a súa queixa, incluíndo fotografías ou videos dos animais.

Os activistas sinalan que as sancións por crueldade cara aos cabalos poden superar os 60.000, sen esquecer que “esta especie debe estar obligatoriamente identificada en base un reglamento europeo incorporado á normativa autonómica, e ata se poderían esixir responsabilidades penais no caso de que o animal sufrise un maltrato continuado”.

De forma paralela a campaña para lograr unha verdadeira Lei de Protección Equina sumou ata o momento máis de 144.000 firmas, “en contraposición á actual norma de benestar animal, que excluíu a todos os équidos do seu ámbito de aplicación, deixando a estes animais cunha menor protección con respecto á lei de 1993. Os animalistas esperan que a presión social logre melloras significativas para estes seres vivos”.

Neste sentido, nas últimas semanas as organizacións lograron liberar a un cabalo en similares circunstancias na comarca da Coruña, cuxo responsable enfróntase agora a unha sanción de ata 600, e outro équido, un burro, que tamén estaba permanentemente atado nun municipio da provincia coruñesa.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...