InicioSucesosColisión entre dous buques na ría de Vigo

Colisión entre dous buques na ría de Vigo

PUBLICADO O

Outra nova traxedia no mar galego, desta volta, na Ría de Vigo, coa colisión entre dous barcos. Polo momento non se sabe se hai mortos, aínda que o xornal Galicia Confidencial asegura que dous feridos foron trasladados a Vigo.

Tras o choque, un dos barcos, o máis pequeno, o Romo 2 e de 8,6 metros de eslora afundiu rṕaidamente. Dous dos seus tripulantes estiveron na auga 15 minutos ata que foron rescatados, levados a terra e trasladados por hipotermia ao hospital de Vigo. 

Segundo relataron, os feitos sucederon sobre as 8,25 horas deste luns ao norte da Illa de Toralla, na ría viguesa. O buque ‘Intermares’, de 79,2 metros de eslora, informou o Centro de Salvamento de Vigo, que coordinou o operativo, da presenza de dúas náufragos na auga tras chocar co pesqueiro ‘Romo 2’.

Os tripulantes, que estaban na auga con aros salvavidas, foron rescatados pola embarcación ‘Salvamar Mirach’ de Salvamento Marítimo, que os trasladou ao peirao da Laxe, no Porto de Vigo.

Esta é a terceira traxedia no mar que se producen nas costas galegas, logo da morte dun mariñeiro noutro naufraxio en Porto do Son e o embarrancamento, o pasado venres, dun quimiqueiro na Ría de Ares.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...