Morre un mozo de Bueu tras sufrir un accidente no pesqueiro no que faenaba

O rapaz sufriu un golpe e caeu ao mar.

Barcos Pesqueiros no peirao © Miguel Nuñez

Un mozo de 24 anos de idade e veciño de Bueu faleceu tras sufrir un accidente no pesqueiro no que faenaba na noite deste martes preto das Illas Ons.

Así o confirmaron fontes da Garda Civil, que explicaron que os feitos sucederon sobre as 21,45 horas cando o mozo mariñeiro sufriu un golpe cando faenaba no pesqueiro ‘Novo Cristo da Laxe’, con base en Bueu, e caeu á auga.

Para o rescate foron mobilizadas a patrulleira do Servizo Marítimo da Garda Civil ‘Corvo Mariño’ e o helicóptero ‘Peca 1’ do Servizo de Gardacostas da Xunta.

As mesmas fontes concretaron que o mozo, veciño da parroquia de Beluso, faleceu posteriormente.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here