InicioSucesosPiden penas que suman 35 anos de prisión para os implicados nunha...

Piden penas que suman 35 anos de prisión para os implicados nunha liorta en Cangas, entre eles Sinaí Giménez

A pelexa produciuse entre 'xitanos morones' e 'xitanos zamoranos' no mercadillo desta localidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fiscalía pide penas que suman 35 anos de cárcere para 12 acusados de participar nunha liorta no mercadillo de Cangas, entre os que están Sinaí Giménez e varios dos seus familiares, así como membros do grupo coñecido como ‘xitanos zamoranos’, e que serán xulgados na sala do Penal 2 de Pontevedra, entre o 1 e o 5 de xullo.

O ministerio público formulou escrito de acusación contra 12 feirantes xitanos (sete deles do grupo coñecido como ‘zamoranos’, e outros cinco dos ‘Morones’), aos que considera autores de diversos delitos de lesións, por unha pelexa que tivo lugar na mañá do 16 de outubro de 2015.

Segundo o escrito de acusación pública, o acusado Sinaí G.J. iniciou unha discusión co acusado Enrique L.S. porque este instalara o seu posto de venda no mercadillo de Cangas ocupando dous metros máis de extensión. A nai de Sinaí, Flora J.G., tamén lle recriminou esa actuación e foi golpeada coa tarima do posto nun costado.

A partir de aí iniciouse unha liorta con golpes de barras de ferro, empuxóns e outros ataques, na que se implicaron máis varias persoas, entre elas os 12 acusados, e outros familiares dun ou outro bando que acudiron a auxiliar aos feridos e que foron, á súa vez, golpeados. Como consecuencia da multitudinaria pelexa, resultaron feridos de diversa consideración varios feirantes, tanto do grupo ‘zamorano’ como da familia dos ‘Morones’. A Fiscalía atribúe aos acusados diferentes delitos de lesións.

PETICIÓN DE PENAS

No caso dos ‘zamoranos’, o ministerio público pide para Enrique L.S., Javier D.X., e José Luís J.E., tres anos e medio de prisión para cada un. Ademais, para estes e os outros catro acusados deste grupo (Luís L.S., Felipe S.J., Faustino J.B., e Manuel Jesús J.B.), pide multas que suman 8.100 euros, e que indemnicen aos feridos do ‘bando’ contrario en máis de 7.000 euros.

Por parte dos ‘Morones’, a Fiscalía solicita condenas que suman 24,5 anos de prisión. A maior pena, de 14 anos de cárcere, pídea para Sinaí G.J.; mentres que reclama 10,5 anos de cárcere tamén para a súa irmá María Consolo G.J.

Para estes e o resto de acusados (María Amelia C.M., Miguel Anxo V.B., e Rafael F.G.) reclama multas que suman 9.000 euros, e que indemnicen aos ‘zamoranos’ en máis de 20.700 euros.

CAUSAS PENDENTES

Ademais destas causas, Sinaí Giménez ten algúns procedementos xudiciais pendentes. O máis importante instrúese nun xulgado de Cangas, contra el e varios membros da súa familia, por supostos delitos de ameazas, branqueo de capitais, tenencia ilícita de armas, etc. (investigación relacionada coas supostas coaccións a feirantes).

Así mesmo, o chamado ‘rei dos xitanos de Galicia’ tamén está pendente da instrución iniciada nun xulgado de Salamanca, tras a súa detención (xunto a Miguel Anxo V.B.) cando foi interceptado levando nun coche 3 quilos de haxix, o pasado 14 de maio de 2019.

.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...