Vídeo: Os traballadores de Maderas Iglesias concéntranse ante a sede da Xunta en Vigo

Concentración de Maderas Iglesias/ Miguel Núñez

Os 200 traballadores de Maderas Iglesias están fartos de que se lles oculte o que acontecerá no futuro cos seus empregos e coa compañía, a cal non ten nin sequera a liquidez suficiente para pagar a tempo os salarios, de feito a paga extra do último Nadal aínda non foi abonada.

Polo tanto, convocaron folgas e concentráronse este xoves pola mañá ante a sede da Xunta en Vigo. Critican á administración galega que prometera o mantemento dos empregos, mais os empregados perderon xa a súa confianza.

 

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here