“Cadea Humana pola Emigración” este sábado no Concello de Vigo

Antonio Olmedo/ Arquivo persoal do autor

Este sábado 28 de Xullo ás 20:00 horas, o autor Jesús Antonio Fernández Olmedo organiza unha concentración fronte ao Concello de Vigo. “Cadea Humana pola Emigración” é o lema e tamén obxectivo.

“As políticas europeas de colonialismo e neocolonialismo, así como as prácticas abusivas de explotación económica e humana, crearon a semente desta situación que estamos vivindo. Debería ser unha obrigación da comunidade europea facerse cargo desta situación e non montar a cousa coma se fose un favor, despois de saquear ouro e diamantes na zona que se refire” defende Fernández.

Emigración/ Fotomovimiento.org

“Que se creen algúns países con destruír o seu propio hábitat? Xa non vale poñerse como heroes, o “estamos acollendo”. Hai que darlles unha solución de fondo a estas persoas. Todo o mundo é cómplice de omisión”, defende.

“Estado de Dereito, onde existe iso? estamos no século XXI. É necesario crear un pacto Global pola Emigración“, concluíu.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here