Elefantes de Papel, CAP 10: Moria, onde sobreviven a 40 graos, con apenas auga e mal alimentados

O libro entra no campo de Moria/ Elefantes de Papel

Décimo día de Elefantes de papel na illa de Lesbos, onde están a colaborar en labores humanitarias nos campos de refuxiados do lugar. Achéganse xa á conclusión da súa viaxe. Ao final desta crónica, o índice de capítulos.

Recoñeceu María que “cando Berto e eu nos embarcamos na aventura de escribir un libro, dende o primeiro momento tivemos claros dous obxectivos: o primeiro, queriamos que esta ferramenta estivera ao alcance de todo o mundo, e o segundo que todo o recadado se destinase a botar unha man onde fixese falta”.

Este sábado durmiron máis tranquilos porque ámbalas dúas metas se cumpliron. Por unha banda, destinaron os cartos que lles sobraron a pequenas asociacións e proxectos que despois de estudalos, pudieron comprobar que traballan ben e se implican. Pola outra, “xa podemos anunciarvos que o noso Elefantiño xa durme no campo de Moria”, celebran.

Alí e Berto / Elefantes de Papel

Levaban días tentando entrar, pese as advertencias de que era moi perigoso: “Hoxe (sábado) achegámonos ao enreixado e a sorte fixo que a un par de cativos se lles escapase á estrada a pelota de tenis coa que xogaban dentro. Entón, acendéusenos a bombilla”.

Aproveitando o despiste do policía que custodia a entrada, chamaron aos rapaces e lle entregaron o libro. “Ao momento, o policía saíu con cara de can. Entendémolo. Debeu considerar o libro un arma de destrución masiva, pero xa estaba dentro“, chancean.

E recoñeceron como, a pesar de non coñecer o que lle deparará o futuro a ese exemplar, soñan con que algún relato distraia ao seu lector do inferno que o rodea”. 

Estiveron tamén no campo de Pikpa interesándose polo seu futuro. Destacan que “as presións externas e a especulación do terreo estanlle complicando a xestión, polo que non teñen claro se continuarán alí. No caso de ter que pechar todos os seus usuarios teríanse que desprazar a Moria”.

“Non podemos nin imaxinar como xente enferma de cancro, con diabetes ou en cadeira de rodas podería sobrevivir nun terreo escarpado, a corenta grados de temperatura, sen apenas auga e mal alimentados”, lamentan.

Aproveitaron para ver por derradeira vez a “Mari Pili” e Alí. Os pequenos recibíronlles cos brazos abertos e o sorriso sincero.

“Son nestes momentos cando as emocións e o sentimento de culpa brotan sen control, porque a partir do luns, nós volveremos á nosa rutina, sen esquecer que doutro lado do océano milleiros de familias continúan atrapadas nun futuro sen saída”.

“Mari Pili” e María / Elefantes de Papel

íNDICE

CAP 0: Entrevista a María e Alberto antes da viaxe

CAP 1: Curando aos nenos o trauma do mar

CAP 2:  “O lixo acumúlase ás portas. O cheiro é indescriptible”

CAP 3: “Refuxiados é un eufemismo, esta xente non ten refuxio”

CAP 4: “Unha broma macabra”

CAP 5: “A importancia de sentirse realizado”

CAP 6: “A Policía entrou pola noite no campo repartindo paus e gases lacrimóxenos”

CAP 7: “O vergoñento cemiterio dos Sen Nome, da illa que non podía absorber máis cadáveres”

CAP 8: “Nunca perdas o brillo que ilumina a túa mirada”

CAP 9: Cambiando a perspectiva do que realmente importa

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here