InicioMovementos SociaisPrimeira crónica dos activistas de Elefantes de Papel en Lesbos: curando aos...

Primeira crónica dos activistas de Elefantes de Papel en Lesbos: curando aos nenos o trauma do mar

PUBLICADO O

Este venres, co presente artigo, comezamos dende Xornal de Vigo a dar conta das andanzas de María e Alberto no campo de refuxiados de Lesbos (Grecia), no que estarán 12 días tralo éxito do seu proxecto Elefantes de Papel, o cal foi debidamente tratado cunha completa entrevista en profundidade antes da súa marcha.

Agradecemos polo tanto que contaran con nós como altofalante dunha iniciativa tan chea de solidariedade como a súa, e poder traervos aos lectores unha crónica diaria desta experiencia.

O xoves foi o seu primeiro día coa Ong Proem-Aid en Lesbos: “Quedamos ás 9:30 cos voluntarios na praia onde ten lugar a actividade, que consiste en familiarizar aos cativos coa auga, da que teñen unha mala lembranza”. Este foi o seu relato dos feitos.

“Os sorrisos, o balbordo anúncianos a súa chegada. Cada monitor adxudícase un rapaz ou rapaza cos que nos comunicamos en inglés, por sinais ou a través da linguaxe universal: a mirada.

Do primeiro grupo de pequenos , o maior non pasa dos dez anos. As nenas báñanse vestidas. Na auga limpan parte dos pesadelos que viaxaron canda elas“.

Actividade no mar de Lesbos/ Elefantes de Papel

A continuación, achegáronse a Pikpa, “un campo de refuxiados onde sobreviven familias e mulleres con fillos en situación de vulnerabilidade. A roupa tendida entre as oliveiras, as tendas de campaña e a necesidade semellan as súas únicas pertenzas”. 

Cóntano así: “Desta volta, o grupo está formado por pequechos de ata seis anos que deben vir acompañados polas nais. Chegan á praia, e con moita timidez métense na auga. Algúns non son quen, e os que están dentro non perden de vista as mans das súas monitoras.

A praia sitúase ao carón do aeroporto de Mitilene. Os avións despegan e aterran con moita frecuencia, voando moi baixiño. Isto provoca que algún cativo , ao escoitar o barullo, sente na area observando a aeronave. Non ten claro se aquel aparato vai bombardealos de novo ou é inofensivo”.

 

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...