A comarca de Vigo agarda recibir novamente a nenos saharauís este veran

Regreso dos nenos saharauís á súa terra de nacemento/ Miguel Núñez

A Consellería de Política Social difundiu o programa de acollemento familiar para menores baixo o sistema de protección autonómico entre as familias que xa participan ou están interesadas en recibir a nenos saharauís no verán. A día de hoxe, aproximadamente o 56% dos menores protexidos pola Administración autonómica están baixo a figura do acollemento, o que supón unha cifra de 1.600.

A Xunta trata así de aproveitar a vontade solidaria destas familias para informarlles da posibilidade de colaborar co acollemento. Con este obxectivo, a directora xeral de Familia, Amparo González e persoal deste departamento, están a participar en reunións informativas que convoca a Asociación solidariedade galega co pobo saharauí para dar conta do seu programa Vacacións en Paz.

As charlas ata este domingo celebráronse en Ourense, Vigo e Lugo. O obxectivo é que durante este mes de abril tamén se desenvolvan no resto de cidades galegas. Amparo González explicou que o acollemento familiar é a medida máis adecuada para nenos e adolescentes que atravesan unha situación de desamparo, coa expectativa de regresar á familia de orixe cando sexa posible, porque “todo menor ten dereito a unha familia”, apu

1 COMENTARIO

  1. As vacacións para o Pobo Saharaui xa duran 44 anos ! Por qué ninguén fala do Referendum de Autodeterminación do Sahara ? Será que somos COLABORACIONISTAS e limpamos conciencias cun mes de vacacións ?

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here