Os efectivos de extinción controlan un incendio dunha hectárea en Cangas

O facho en Donón, en Cangas, coas Illas Cíes ao fondo e a ría de Vigo á esquerda / visitargalicia.com

Iniciuse un incendio sobre as tres da tarde deste venres en Punta Couso, na parroquia de O Hío en Cangas. Está controlado desde as catro e media, segundo informou a Consellería do Medio Rural.

Este lume, de pequenas dimensións, afectou a algo menos dunha hectárea de monte raso, segundo se precisou desde Medio Rural. No lugar, traballan un axente, cinco brigadas, dúas motobombas e un helicóptero.

O incendio iniciouse na zona da punta do cabo e no seu avance as chamas diríxense cara ao mar, na ría de Aldán, o que contribúe ás tarefas de extinción do lume.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here