InicioMedio Ambiente e PatrimonioUn tribunal paraliza o concurso de xestión da auga en Gondomar

Un tribunal paraliza o concurso de xestión da auga en Gondomar

PUBLICADO O

O Tribunal Administrativo de Contratación Pública paraliza o concurso para a privatización da auga e o saneamento municipais de Gondomar polas indefinicións existentes no estudo de viabilidade económico-financeiras. Un contrato que ascendía a máis de 10 millóns de euros.

A resolución deste tribunal vén dáda en base ás alegacións presentadas por unha das empresas candidatas ao citado concurso público (Petrolam Infraestructuras S.L.), que nas súas alegación pon de manifesto que na documentación que rexe o citado concurso aprobada polo Pleno (Estudo de viabilidade económico-financeiro), existen entre outras irregularidades moitas indefinicións nos investimentos a executar por parte da empresa adxudicataria gañadora do concurso público.

En maio deste ano, o Grupo Municipal de Manifesto Miñor advertía desta situación a través dunha alegación presentada ao devandito “Estudo de Viabilidade”, que o Goberno Municipal  rexeitou. 

“Dende hai varios anos, dende o Grupo Municipal de Manifesto Miñor vimos denunciando, publicamente e en diferentes organismos oficiais, que teñen a obriga legal de velar pola transparencia municipal e pola xestión dos asuntos públicos axustados á legalidade e aos procedementos establecidos, a maneira que o sr Ferreira ten de xestionar o Concello de Gondomar coma se fose o fidalgo dun pazo que fai nel o que lle peta”, critica este grupo nun comunicado.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...