InicioMedio Ambiente e PatrimonioEcoloxistas denuncian a "masacre" de centos de rás en Teis

Ecoloxistas denuncian a “masacre” de centos de rás en Teis

Ecoloxistas en Acción di que habitaban os estanques do parque de A Riouxa en Teís.

PUBLICADO O

Ecoloxistas en Acción denuncia o “nulo respecto pola vida animal” que ten o departamento de Parques e Xardíns do concello de Vigo. Así, nun comunicado denuncia que persoal municipal procedeu estes días a baleirar os estanques do parque de A Riouxa, en Teis, e limpialos con auga a presión e lixivia. Na operación de mantemento non tiveron en conta os centos de anfibios que habitaban nos estanques, que morreron desprovistos do seu hábitat. 

A organización ecoloxista sinala que non é a primeira vez que ocurre isto. Un ano atrás, tamén provocou a indignación da veciñanza de Navia cando operarios do concello deixaron morrer moreas de peixes ao baleirar os estanques de dito barrio.

“A Riouxa era un dos últimos parques onde se podía escoitar o croar das rás, xa que foron desaparendo dos estanques dos parques da cidade por este xeito agresivo de realizar o mantemento mediante baleirado e limpeza con lixivia e auga a presión”, indica. Ecoloxistas en Acción alerta de que os anfibios están sufrindo unha “extinción masiva“, acentuada pola perda de ecosistemas. Por iso os estanques e puntos de auga deberían preservarse e identificar coma zonas de especial importancia para a biodiversidade na cidade.

A organización ecoloxista demanda a concelllo de Vigo un cambio drástico no seu proceder. A vida tanto de árbores como de animais merece un respecto. Subliñan que non se pode acometer ningunha actuación sen antes considerar o seu impacto sobre o hábitat e adoptar así medidas necesarias para preservar a vida que nel habita.

ÚLTIMAS

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

Decretan prisión para o recluso da Lama investigado pola morte da muller que apareceu no Porriño

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 do Porriño decretou prisión provisional, comunicada...

Rescatan un bebe que quedou pechado nun vehículo

Os Bombeiros de Vigo tiveron que rescatar na mañá deste martes a un bebé...

Tres detidos en Vigo por presunta vinculación cun atraco bancario

Polo menos tres persoas foron detidas na mañá deste martes en Vigo pola súa...