InicioMedio Ambiente e PatrimonioA lombriga de terra leonesa, na lista de especies en perigo de...

A lombriga de terra leonesa, na lista de especies en perigo de extinción grazas a un estudo da UVigo

"Aínda que a abundancia da especie nas catro poboacións coñecidas é elevada, calquera delas podería desaparecer dunha tacada se se modifica o seu hábitat", explica o documento.

PUBLICADO O

A lombriga de terra leonesa (Compostelandrilus cyaneus) foi situada dentro da lista vermella da Unión Internacional para a Conservación da Natureza como unha especie en perigo crítico de extinción tras os resultados dun estudo levado a cabo por investigadores da Universidade de Vigo (UVigo).

Tal como recolle o Diario da Universidade de Vigo (Duvi), esta especie endémica que só habita na contorna de San Miguel de Escalada, na provincia de León, proporciona importantes servizos ecosistémicos, como a mellora da fertilidade, da estrutura e da infiltración da auga nos chans.

Por iso, púxose en marcha un estudo polos investigadores Jorge Domínguez, do grupo de Ecoloxía Animal, e Daniel Fernández, da Université de Montpellier, pero que ata o ano pasado era investigador coas axudas Juan da Cerva tamén na UVigo.

“O que queriamos saber é se estas especies ou outras similares se atopaban nos ocos entre esas localidades e comprobar como de pouco frecuentes son. Debido a que só habitan en zonas naturais que están en diminución pola acción do home, preocupábanos que puidesen desaparecer”, indicou Fernández.

Por iso, o documento explica que “aínda que a abundancia da especie nas catro poboacións coñecidas é elevada, calquera delas podería desaparecer dunha tacada se se modifica o seu hábitat“, polo que foi catalogada como especie en perigo crítico de extinción.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...