PSdeG pide a rehabilitación do Templo Votivo do Mar de Panxón

Este venres, na Comisión de Educación e Cultura do Parlamento de Galicia, a deputada Leticia Gallego solicitou a rehabilitación da "obra cume de Antonio Palacios" en Galicia.

O PSdeG instou á Xunta de Galicia a comprometerse coa rehabilitación do Templo Votivo do Mar de Panxón, en Nigrán; mentres que o Goberno autonómico lembrou que é responsabilidade da Igrexa católica, propietaria do inmoble.

Este venres, na Comisión de Educación e Cultura do Parlamento de Galicia, a deputada Leticia Gallego solicitou a rehabilitación da “obra cume de Antonio Palacios” en Galicia.

A viceportavoz do PSdeG na Cámara galega denunciou a “inacción” da Xunta, “que anunciou hai 13 anos a redacción dun proxecto de rehabilitación do inmoble, pero non executou nada”. “Comosigan así, os danos serán irreparables”, advertiu, tras incidir na deterioración “alarmante” dun conxunto arquitectónico que leva 85 anos en pé.

A este respecto, remarcou que o bispado de Tui-Vigo, a pesar de acometer obras no edificio hai uns anos, “declárase incapaz de asumir o custo dunha intervención que debería ser profunda eimprescindible”.

Neste sentido, a socialista lembrou que, no ano 2009, o Grupo Parlamentario Socialista xa levou unha proposición non de lei á Cámara galega que fora aprobada por unanimidade e onde se instaba á Xunta a rehabilitar a igrexa, pero, incidiu, “non se cumpriu este acordo parlamentario”.

Por parte da Xunta de Galicia interveu a directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Insua, que lembrou que é a Igrexa católica a propietaria do inmoble e, por tanto, responsable da súa conservación.

Con todo, remarcou que a Administración autonómica é “coñecedora” das patoloxías que afectan o templo, posto que os seus servizos técnicos levan “anos” analizando e buscando as formas “máis adecuadas” para acometer a rehabilitación, de acordo coa propiedade.

Existe, explicou, un informe técnico que recolle as patoloxías, entre elas as relacionadas coa humidade nas vidreiras. “Trátase da restauración dun edificio que supón un reto singular, con escasos precedentes”, destacou, polo que, “a pesar de que é comprensible” o desacordo nos tempos, “é preciso levar a cabo un bo diagnóstico”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here