InicioMedio Ambiente e PatrimonioA Xunta declara despois do anuncio de mobilizacións que o parque eólico...

A Xunta declara despois do anuncio de mobilizacións que o parque eólico do Baixo Miño está inadmitido

Segundo a normativa vixente, para solicitar o inicio dun procedemento de autorización administrativa previa e de construción dun parque eólico deben cumprirse unha serie de requisitos, ademais de contar con permiso de acceso á rede de transporte e distribución.

PUBLICADO O

A Xunta de Galicia confirmou este xoves que a solicitude de instalación dun parque eólico nos municipios de Gondomar e Tui, coñecido como o proxecto A Paraguda foi inadmitido, tal e como se recolle nunha resolución do pasado 20 de outubro.

Así, a consellería de Economía, Empresa e Innovación saíu ao paso do anuncio de mobilizacións por parte de entidades locais destas zonas para rexeitar o devandito proxecto, e sinalou que a Xunta xa declarou a inadmisión dese parque eólico, solicitado por EDP Renovables.

Segundo matizaron fontes do goberno galego, rexeitouse outorgar a autorización administrativa para estas instalacións (32 megawatts e 4 aeroxeradores), nos concellos de Gondomar e Tui, debido a que a empresa promotora “non acreditou que conte con permiso de acceso á rede de transporte e distribución”.

Segundo a normativa vixente, para solicitar o inicio dun procedemento de autorización administrativa previa e de construción dun parque eólico deben cumprirse unha serie de requisitos, ademais de contar con permiso de acceso á rede de transporte e distribución. Neste caso, non se acreditou ese permiso, polo que a administración autonómica resolveu arquivar este expediente.

PROTESTAS

Esta aclaración da Xunta prodúcese pouco despois de que entidades e concellos da comarca do Baixo Miño e Val Miñor anunciasen que barallan accións como a presentación de alegacións, a recollida de firmas ou a realización de mobilizacións para rexeitar o parque eólico, tras unha reunión na que participaron os rexedores de Tui e Gondomar, Enrique Cabaleiro e Francisco Ferreira, o presidente da entidad local de Morgadáns, Alfonso Misa, representantes de entidades ecoloxistas e comuneiros.

“En Gondomar non vai haber parques eólicos sen análise previa do seu impacto ambiental e sen o consenso social necesario”, afirmou Francisco Ferreira, que acusou á Xunta de non valorar as posturas dos municipios respecto destes proxectos.

Ferreira e Cabaleiro tamén estudaron presentar unha moción conxunta para a súa ratificación nos plenos das corporacións locais de ambos os municipios co fin de rexeitar este proxecto.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...