InicioMedio Ambiente e PatrimonioA Xunta paraliza as obras nunha praia de Cangas por unha posible...

A Xunta paraliza as obras nunha praia de Cangas por unha posible afectación a un arbusto ameazado

Está incluído no Catálogo galego de especies ameazadas.

PUBLICADO O

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ordenou a paralización cautelar dos traballos de explanación realizados polo Concello de Cangas na praia urbana de Rodeira por unha posible afectación a unha especie ameazada, a xesta de Ons.

Esta medida enmárcase nunha investigación aberta pola Xefatura Territorial de Pontevedra para determinar se as obras afectan a este arbusto incluído no Catálogo galego de especies ameazadas, segundo explicou a Consellería. Ademais, axentes ambientais desprazáronse este xoves ao areal para realizar unha inspección e levantar a acta administrativa correspondente, que podería levar un expediente sancionador.

Esta praia, situada no centro urbano, non está incluída na Rede Natura 2000, polo que, en principio, non sería precisa unha autorización ambiental da Xunta para executar os traballos. Con todo, decidiuse ordenar unha investigación e paralizar as obras de modo cautelar ante a posible afectación a unha especie protexida.

Esta situación prodúcese despois de que grupos da oposición criticasen a actuación. En concreto, a candidatura veciñal Avante denunciou ante a Dirección Xeral de Patrimonio Natural o “atentado ambiental” producido nas dunas de Rodeira e a realización de “movementos de area con dous vehículos pesados, retirando vexetación e modificando o sistema da duna”. Así, criticou que “a escusa para levar a cabo esta acción tan agresiva contra o medioambiente fose a celebración do campionato comarcal de balonmán-praia este fin de semana”.

Mentres, o BNG de Cangas esixiu “a dimisión dos responsables das áreas implicadas” neste “refugallo ambiental” e reprobou a “falta de planificación e xestión”. Tamén denunciou “a pasividade de Costas, que non actuou nin se achegou para comprobar os traballos”. Así mesmo, o PP pediu unha rendición de contas por parte do goberno local, conformado por ACE e PSOE.

Piden responsabilidades polo “atentado ambiental” nunha duna protexida de Cangas

ÚLTIMAS

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

Decretan prisión para o recluso da Lama investigado pola morte da muller que apareceu no Porriño

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 do Porriño decretou prisión provisional, comunicada...

Sae o vehículo número 16 millóns de Stellantis, un Fiat E-Dobló 100% eléctrico

Stellantis Vigo produciu este martes o seu vehículo número 16 millóns desde que a...

Expertos analizan no Porriño o “difícil” camiño das vacinas pendentes

A Asociación Nacional de Informadores da Saúde (ANIS), en colaboración con Zendal, organizaron no...