InicioMedio Ambiente e PatrimonioAdxudicada a redacción dun estudo sobre os terreos da zona de fluxo...

Adxudicada a redacción dun estudo sobre os terreos da zona de fluxo preferente do Lagares en Vigo

concello de Vigo.

PUBLICADO O

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, adxudicou a redacción dun estudo sobre os terreos da zona de fluxo preferente do río Lagares, no concello de Vigo. En concreto, explicou a Xunta, o contrato foi adxudicado á empresa Avanza, Geotecnia e Enxeñaría, S.L por un importe de preto de 18.000 euros. O prazo de execución dos traballos é de 2 meses.

A actuación forma parte do Plan específico de xestión do risco de Inundación (PEGRI) da área de risco potencial de inundación na área fluvial do río Lagares, neste municipio. Este plan, redactado por Augas de Galicia, define as medidas de prevención e preparación ante inundacións, así como as de protección, de recuperación e de revisión tras producirse un episodio destas características.

As medidas de protección durante as inundacións incluídas no citado Plan de xestión do risco recollen actuacións estruturais de ampliación da capacidade de drenaxe do leito do río. No contrato adxudicado, os traballos a executar consisten na redacción dun estudo sobre os terreos da zona de fluxo preferente na contorna do Rego do Folón, no cruzamento coa estrada de Camposancos, e na zona da intersección coa avenida de Severino Cobas.

A contratación deste estudo permitirá o establecemento dun marco xeolóxico global e de detalle, a realización dun mapa cos perfís geotécnicos existentes e a caracterización dos materiais desde o punto de vista xeotécnico. No mesmo, estableceranse recomendacións sobre os noiros de desmonte e terraplén, así como as condicións de cimentación.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...