InicioMedio Ambiente e PatrimonioXunta e UVigo colaboran para regular a prevención e defensa contra incendios

Xunta e UVigo colaboran para regular a prevención e defensa contra incendios

A previsión é ter un texto consensuado no primeiro trimestre de 2021

PUBLICADO O

Representantes da Xunta e da Universidade de Vigo celebraron este martes unha nova reunión de traballo no marco da colaboración entre ambas as institucións para elaborar a futura lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Segundo informou a administración autonómica, neste encontro, no que participaron persoal do servizo de prevención de incendios da Consellería do Medio Rural, expertos da UVigo e representantes do sector forestal, abordáronse aspectos técnicos relacionados coas actuacións preventivas.

No encontro deste martes, analizouse aspectos como o desenvolvemento normativo ou as técnicas innovadoras de planificación relacionadas coa prevención dos incendios forestais. A través dunha nova enquisa enviada ao sector determinaranse aspectos “fundamentais para abordar unha correcta prevención nos montes de Galicia“, sinalou o Executivo galego, tendo en conta, entre outros aspectos, o carácter privado dos terreos forestais.

PRÓXIMAS REUNIÓNS

A primeira reunión sobre a nova lei celebrouse o pasado mes de novembro, e nela analizouse a repartición de competencias entre administracións no que respecta a prevención e extinción de incendios (primeiro bloque temático).

A Xunta avanzou que, en próximos encontros, abordaranse as limitacións de usos e actividades no monte, en relación cos incendios forestais, incluída a regulación dos usos do lume ; e a análise da extinción de incendios forestais, incluída a vixilancia e detención, a investigación das causas e a formación, todo iso “tendo en conta os efectos do cambio climático”.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...