InicioMedio Ambiente e PatrimonioO Sarmiento de Gamboa sae de Vigo para desenvolver 13 proxectos científicos...

O Sarmiento de Gamboa sae de Vigo para desenvolver 13 proxectos científicos no Antártico

PUBLICADO O

O buque oceanográfico Sarmiento de Gamboa partiu este mércores desde a súa base portuaria do Porto de Vigo rumbo a Punta Areas (Chile) desde onde iniciará a XXXIV Campaña Antártica na que se desenvolverán 13 proxectos de investigación na que participarán 160 investigadores e persoal de apoio.

En total o financiamento do Ministerio de Ciencia e Innovación ascende este ano a 13 millóns de euros. Unha vez no seu destino, o Sarmiento de Gamboa navegará durante 20 días en augas Antárticas mentres que o Buque de Investigación Oceanográfica (BIO) Hespérides, que partirá previsiblemente o día 30 de decembro desde Cartaxena (Murcia), estará na zona 70 días.

As bases antárticas españolas estarán abertas ao redor de 80 días, nunha campaña na que participarán unhas 160 persoas entre persoal científico, técnico, tripulacións e dotacións nas bases e buques.

Para esta campaña deseñouse un plan para manter a seguridade e evitar que o COVID-19 afecte a persoas que participen na campaña así como o alcance no continente branco e este continúe libre de virus.

O Comité Polar Español coordinou a preparación da campaña e en especial a adaptación de protocolos e as accións ante a pandemia de COVID-19, baixo a supervisión do secretario xeral de Investigación e presidente do Comité Polar Español, Rafael Rodrigo.

Precisamente, a consecuencia da pandemia, España tivo que limitar a participación de proxectos estranxeiros nas súas instalacións a consecuencia das dificultades impostas polas condicións da pandemia.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...