Xunta e Audasa supervisan as labores de limpeza de biomasa para a prevención de incendios na AP-9

Vehículo realizando labores de desinfección na autoestrada AP-9.. MIGUEL RIOPA /PUNTO GA

O director xeral de Defensa do Monte, Tomás Fernández-Couto, reuniuse con responsables de Audasa, a concesionaria da autoestrada AP-9, para avaliar os traballos de roza e prevención de incendios iniciados por parte da empresa nesta vía de comunicación.

Segundo lembrou a Consellería do Medio Rural nun comunicado, de acordo coa normativa vixente, a Audasa correspóndelle a xestión da biomasa na franxa primaria da autoestrada como parte dos labores preventivos para alcanzar unha efectiva anticipación ante os incendios forestais.

Na reunión analizouse o compromiso da empresa no cumprimento destas obrigacións e avanzouse tamén na posibilidade de concretar o seu contido e alcance a través dun convenio específico no marco da Lei de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia.

O obxectivo desta medida, conforme explicou a Xunta, é optimizar o esforzo de xestión, dándolle prioridade no tempo ás actuacións nas zonas do trazado de maior risco de incendios forestais e tendo en conta que este ano, pola emerxencia sanitaria, a Administración autonómica acordou prorrogar o prazo legal para cumprir con estas obrigacións ata o día 16 de xullo.

PLAN DA XUNTA

Medio Rural sinalou que este encontro de traballo leva a cabo no contexto das actuacións que impulsa a Xunta para previr os incendios forestais e que se concretan, este ano, nun plan que suporá o investimento de 30,5 millóns de euros.

Nesta planificación recóllese, fundamentalmente, accións sobre o territorio consistentes en traballos silvícolas preventivos, na creación e mellora de infraestruturas de defensa en intervencións de mellora e xestión forestal e das súas producións que impliquen un incremento do valor do monte.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here