InicioMedio Ambiente e PatrimonioO modelo dos montes veciñais como garantía para a sustentabilidade dos recursos...

O modelo dos montes veciñais como garantía para a sustentabilidade dos recursos forestais

O modelo comunitario é chave para manter a biodiversidade e reducir o risco de incendios. Científicos avisan de que, “a longo prazo, o abandono dos usos tradicionais conduce a unha simplificación e homoxeneización do mosaico da paisaxe rural”. Galicia conta con máis de 3.312 comunidades de montes veciñais en man común que abarcan a cuarta parte do territorio e case a metade da superficie arborada.

PUBLICADO O

- Advertisement -

En Galicia hai 3.312 comunidades de montes veciñais en man común que ocupan unha superficie dunhas 665.000 hectáreas, a cuarta parte do territorio galego e case a metade da súa superficie forestal arborizada. Así o expoñen os datos do primeiro Anuario de Estatística Forestal de Galicia, editado pola Xunta a través da Consellería do Medio Rural, con datos actualizados a 2018.

Estamos ante un caso singular en España, onde esta forma de xestión comunitaria dos montes forma parte do acervo cultural dos galegos; unha tradición que garante a conservación da biodiversidade. Así o afirma un estudo de científicos adscritos ao Institut de Ciència i Tecnologia Ambientals de la Universitat Autònoma de BarcelonaDepartamento de Biología de Universidad Autónoma de MadridCentro de Investigación en Biodiversidad y Cambio Global (CIBC-UAM) de Madrid e Institució Catalana de Recerca i Estudis Avançats (ICREA).

Segundo estes expertos, a xestión comunitaria de terras baseada é “útil para o mantemento de ecosistemas diversos e de alto valor ecolóxico”, ata o punto de que se demostrou que “o abandono dos sistemas comunitarios tradicionais afecta negativamente a biodiversidade” e “aumenta o risco de incendios”. É por iso polo que o modelo comunitario preséntase como unha garantía para a sustentabilidade dos montes galegos. De feito, comprobouse que “a propiedade tradicional baseada na comunidade superponse con áreas ricas en biodiversidade”.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Sancionados varios locais de lecer nocturno en Vigo por drogas e permitir fumar

Un dispositivo conxunto formado pola Policía Nacional, a Policía Local e a Inspección de...

O BNG de Vigo pide explicacións sobre o correo que desautorizou o Saltamontes

O grupo municipal do BNG de Vigo esixiu este venres ao goberno local que...

A acusación do accidente do Saltamontes critica que os investigados “bótanse as culpas”

Unha das acusacións personadas na causa polo accidente mortal da atracción Saltamontes, ocorrido en...

O Val Miñor érguese novamente en contra da construcción de catro parques eólicos na Groba

Colectivos culturais e medioambientais que traballan na defensa da Serra da Groba presentaron alegacións...