InicioMedio Ambiente e PatrimonioO novo plan reitor do Parque Natural Monte Aloia entrará en vigor...

O novo plan reitor do Parque Natural Monte Aloia entrará en vigor o 14 de marzo

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este luns a aprobación do novo Plan Reitor de Uso e Xestión (PRUX) do Parque Natural Monte Aloia, un instrumento de ordenación específico que entrará en vigor o 14 de marzo.

PUBLICADO O

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este luns a aprobación do novo Plan Reitor de Uso e Xestión (PRUX) do Parque Natural Monte Aloia, un instrumento de ordenación específico que entrará en vigor o 14 de marzo.

Nun comunicado, a Consellería de Medio Ambiente destacou que o texto detalla os obxectivos e criterios principais a seguir á hora de xestionar os distintos aproveitamentos, tanto públicos como privados, deste espazo.

Cunha vixencia mínima de 10 anos, este é o segundo PRUX do Monte Aloia xa que o anterior foi aprobado en 2009. O Goberno galego sinalou que responde así á necesidade de dotar a este espazo dun instrumento de xestión propio, moderno e actualizado que desenvolva as directrices recollidas no seu Plan de Ordenación de Recursos Naturais (PRON) e que estableza, á vez, as previsións de actuación da Administración dentro do seu ámbito.

Con todo, a Xunta sinalou que o novo documento non fixa novas limitacións nin é máis restritivo que o PORN aprobado en 2001. Neste sentido, indicou que, ante todo, busca clarificar e sistematizar a normativa existente co fin de contar cunha regulación única que compatibilice cada un dos usos permitidos coa conservación da biodiversidade deste espazo.

O departamento que dirixe Ángeles Vázquez destacou que a aprobación deste documento enmárcase no proceso de actualización normativa impulsado pola Xunta nos últimos anos co fin de dotar ao seis parques naturais que existen en Galicia dunha folla de ruta específica e adaptada ás súas necesidades e características particulares.

Así, Medio Ambiente lembrou que os PRUX son ferramentas de ordenación nas que se detallan os obxectivos e as pautas de xestión que rexen en cada espazo natural por un período de tempo limitado. Á vez, protexen e regulan os usos e aproveitamentos permitidos en cada unha das zonas identificadas dentro dos parques e concretan as actuacións a desenvolver en materia de conservación, uso público ou investigación, entre outros.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...