InicioMedio Ambiente e PatrimonioPreparan unha batucada para espantar os raposos do campionato de caza deste...

Preparan unha batucada para espantar os raposos do campionato de caza deste sábado

A Federación Galega de Caza vén de anunciar unha convocatoria do campionato para o sábado 11 de xaneiro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O ano comeza co anuncio dos primeiros campionatos de caza de raposo. A Federación Galega de Caza vén de convocar o XV Campionato Provincial para este sábado, 11 de xaneiro. San Xoán de Poio, Barro, Moraña, O Campo, San Huberto, San Cibrán e Armenteira serán os lugares onde se han producir estes eventos.

As reaccións da cidadanía en contra da súa celebración non se fixeron esperar e a través de Facebook, diversos particulares instan a poñerse en contacto cos concellos onde se producirán estes campionatos para mostrar o seu rexeitamento. Baixo os cancelos #eunondisparo, #raposovivo e #omonteédetodos, esixen parar co que, entenden, “unha barbarie”.

Polo momento, no Concello de Poio aseguran non ter información sobre o campionato.

BATUCADA RAPOSA

Ademais, as persoas activistas tamén veñen de anunciar unha “batucada raposa” no lugar de Moraña. Con ela, pretenden facer fuxir os animais e que os cazadores non sexan quen de atrapalos. Chaman a presentarse con “frautas, tambores, pitos, altavoces e todas as músicas para espantar os males”.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...