(Vídeos e fotos) Así é o “bosque dos bebés”, un monte con especies autóctonas que está nacendo en Matamá

Esta fin de semana plantáronse 500 árbores, unha por cada carriño de bebé vendido este ano. Así é a orixinal iniciativa dunha tenda viguesa.

Sara coa súa árbore / © Miguel Núñez.

Levaremos plantados uns 500 árbores e a iniciativa está sendo todo un éxito”. Así definte Xavier Irisarri a iniciativa que puxo en marcha o pasado ano e que decidiu continuar esta tras a boa acollida do anterior. O seu obxectivo é plantar unha árbore por cada carriño de bebé vendido na súa tenda en Vigo durante este 2019.

Irisarri é o xerente de Mi mami, un negocio de complementos de bebés. Esta fin de semana acompañou a numerosos pais e fillos vigueses que se achegaron a un monte da Comunidade de Montes de Matamá para aumentar o “bosque dos bebés”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here