Denuncian o uso da illa de San Simón por unha empresa privada para “unha festa e cea privada de Samaín”

O BNG pide "respecto" ao simbolismo da illa como "lugar de memoria" e "que se restrinxan as actividades por tratarse dun ben de interese cultural".

Samaín na illa de San Simón.

O deputado do BNG Luís Bará acusa á Xunta de “autorizar a profanación da Illa de San Simón”, en relación á utilización por unha empresa privada para organizar “unha festa e cea privada de Samaín”.

Bará, a través dunha proposición non de lei no Parlamento, sinala que o evento se anuncia baixo o título ‘Un Samaín de medo na illa de San Simón’.

Respecto diso, esixe “respecto” ao simbolismo da illa como “lugar de memoria” e “que se restrinxan as actividades por tratarse dun ben de interese cultural”.

Para o deputado, “todo tipo de carácter festivo ofende a memoria das persoas que estiveron presas neste campo de concentración franquista”.

Critica tamén que empresas usen a illa “para facer negocio, sen ningún tipo de límite e sen ningún respecto pola historia e o significado do lugar”.

Segundo explica, unha navieira anuncia un “Samaín de medo en San Simón” e preséntao como “unha noite de terror, unha auténtica e aterradora experiencia na illa na que haberá que superar terroríficas actividades e que inclúe unha cea nun dos edificios da illa”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here