InicioMedio Ambiente e PatrimonioLídia Senra denuncia á Comisión Europea as verteduras de auga sen tratar...

Lídia Senra denuncia á Comisión Europea as verteduras de auga sen tratar ao río Tea

A eurodeputada insta á Comunidade Europea a emprender as accións necesarias. O mal tratamento das augas residuais xa provocara fai dez anos un procedemento sancionador contra o concello de Ponteareas.

PUBLICADO O

A eurodeputada galega Lídia Senra ven de denunciar ante a Comisión Europea as continuas verteduras de augas sen depurar que realiza a depuradora de Ponteareas ao río Tea.

Senra rexistrou esta mesma mañá unha pregunta por escrito dirixida á CE, na que informa ao ente comunitario de que a pesar das moitas denuncias que se teñen tramitado por parte de diversas organizacións ante a Garda Civil, a Consellería de Medio Ambiente, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e o propio Concello de Ponteareas, a depuradora continúa vertendo “grandes cantidades auga sen tratar correctamente a este espazo que forma parte da Rede Natura 2000”.

A europarlamentaria insta á CE a ver as imaxes gravadas en vídeo hai uns meses polo grupo ecoloxista Adenco, que provocaron a apertura dun expediente sancionador ao Concello por parte da Confederación Hidrográfica, e lembra que esa situación súmase á xa acontecida no ano 2013, cando xa lle impuxo ao ente municipal unha multa que ascendía a 84.000 euros por vertidos semellantes.

“Queda comprobado que as multas non están a ser efectivas, e que a pesar das grandes cantidades de diñeiro público que o Concello gasta en afrontar esas sancións, o problema non se soluciona e as augas siguen a contaminar o río ano tras ano”, lamenta.

Así, Lídia Senra lembra tamén como xa fai unha década a Comisión Europea levou a cabo un procedemento de infracción contra o Estado español por non cumprir a Directiva 91/271/CEE sobre o tratamento da saugas residuais urbanas en Ponteareas.

E, tendo en conta que a situación de contaminación na zona non está arranxada, Senra pregúntalle á Comisión Europea se ten previso emprender algún tipo de nova acción para evitar dunha vez que este espazo natural de importancia comunitaria continúe a ser danado.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...