InicioMedio Ambiente e PatrimonioAbel Caballero sobre a Marea e BNG: "Están en proceso de desaparición"

Abel Caballero sobre a Marea e BNG: “Están en proceso de desaparición”

Asegura que o atraso da "recuperación integral" da zona do Barrio do Cura "ten un nome propio: Alberto Núñez Feijóo".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este martes a luz verde que o pleno extraordinario do concello olívico deu para a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de 1993 (é o que está en vigor, posto que o Plan do 2008 foi anulado polo Tribunal Supremo), que permitirá o desenvolvemento urbanístico do ámbito do Barrio do Cura, a pesar das críticas de Marea de Vigo e BNG, sobre os cales Caballero sinalou que se atopan “en proceso de desaparición” na cidade.

Así, en rolda de prensa, o alcalde afeou que “como sempre” o BNG e Marea estean “á contra”, xa que os nacionalistas abstivéronse na votación e Marea votou de forma negativa, aínda que o único punto do pleno saíu adiante cos votos a favor do PSOE e do PP.

Á cidade dálle igual o que digan. Neste momento están en proceso de encollemento e camiño da desaparición e gañárono con suor este martes pretendendo que o centro permanecese nesa deterioración absoluta”, asegurou Caballero.

Sobre a petición de que non se faga un túnel que atravesaría por baixo a Porta do Sol, Abel Caballero mostrou a súa “incredulidade” de que “algún grupo pretenda que miles de autobuses teñan que dar unha volta de varios quilómetros e por tanto que millóns de viaxes teñan atraso con respecto ao tempo actual de entre 10 e 15 minutos”.

“Que se cre esta xente? Distintos? Hai xente que non ten nin idea do Vigo no que vivimos. Que se esquezan! Cren que teñen privilexios especiais. Os privilexios son da cidade, por iso vai haber túnel”, sentenciou Caballero, quen engadiu que “veñen algúns tentando manter privilexios de media ducia”, polo que augurou “mal futuro” tanto ao BNG como a Marea.

CRÍTICAS Ao PP

Abel Caballero tamén criticou na mesma rolda de prensa ao PP vigués, que pide que esta estrada subterránea se estenda ata a rúa de Pi e Margall. “Se teñen intereses nun túnel ata Pi e Margal que a Xunta pague”, sentenciou, aínda que engadiu que “algún día” o túnel chegará ata alí.

Neste aspecto, o alcalde de Vigo asegurou que o atraso que se produciu na “recuperación integral” da zona do Barrio do Cura “ten un nome propio” que, ao seu xuízo, é o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pola negativa do Goberno autonómico a aceptar a chamada ‘solución Parello’, que permitía ‘salvar’ a PXOM de 2008 (no que se incluía esta actuación a través dun Peri).

ÚLTIMAS

PP e BNG emendan a ordenanza das Zonas de Baixas Emisións de Vigo: uns piden atrasar multas e outros devolver o texto

Os grupos municipais da oposición no Concello de Vigo presentaron as súas emendas ao...

Tres detidos por abandonar a un home ferido nunha cuneta en Moaña

A Policía Nacional detivo nas últimas horas a tres persoas supostamente relacionadas coa aparición...

Un SMS falso acaba nunha estafa de 140.000 euros. Así é a estafa intervida pola Garda Civil no Porriño

O Equipo de Investigación Tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da...

O persoal do lixo de Vigo convoca folga indefinida a partir do 24 de maio

O comité de persoal de FCC (CIG, CC.OO. e USO), concesionaria do servizo de...