Confirman a condena de nove meses de prisión para o primeiro detido da Vaga de lumes do 2017

Lume en Pazos de Borbén, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017 / @ Miguel Núñez.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ratificou a sentenza da sección segunda da Audiencia Provincial de Ourense pola que se condena a nove meses de cárcere e ao abono dunha multa de 1.620 euros ao home que prendeu lume nunha leira propiedade da súa muller nos Blancos, no marco da vaga de incendios que afectou a Galicia en outubro de 2017.

Este veciño de Vigo, que pasou varios meses en prisión, foi o primeiro dos detidos tras a vaga de lumes que arrasou Galicia en outubro de 2017, especialmente, na zona sur de Pontevedra. “Tentei apalagalo cos pés e cunha galla, pero fuxiume“, asegurou nunha entrevista no GC na que lembrou que ardeu unha hectárea da súa finca. Toda a información no Galicia Confidencial.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here