A Xunta insta a Abel Caballero a pedir ao Goberno central que licite o estudo sobre o abastecemento de auga de Vigo

Presa de Eiras / Contando Estrelas en Flickr.

A Xunta instou ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a reclamar ao Goberno central a licitación do estudo técnico que permitirá analizar distintas alternativas co obxectivo de determinar cal é a máis adecuada para garantir o abastecemento de auga á cidade e a súa área.

O Goberno galego criticou que, a pesar de que o convenio foi asinado por esta institución, o Concello de Vigo e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil hai cinco meses, aínda non se contratou o estudo técnico. Mediante as conclusións que se obteñan dese informe, elaborarase un estudo de impacto ambiental da opción escollida.

Ademais, o Executivo autonómico insistiu na importancia de acometer esta actuación dun modo conxunto por parte do tres administracións debido aos “problemas estruturais” de abastecemento de Vigo e a súa área.

Así mesmo, remarcou a importancia de que a concesionaria municipal de Vigo tome as medidas necesarias para garantir a calidade da auga tratada na estación potabilizadora.

A ese respecto, resaltou que, durante a seca rexistrada en 2017, o encoro de Eiras se atopaba ao 38 por cento da súa capacidade, o que permitía a subministración de auga á cidadanía, pero que, debido á imposibilidade de garantir a súa calidade, “o abastecemento se viu seriamente comprometido”.

Alerta polo suministro de auga en Vigo