Retencións na autovía Tui-Vigo por mor do lume dun incendio

Estrada invadida polo fume e o lume perto de Fornelos De Montes
Dificultades na estrada por mor dun incendio / Miguel Núñez

Un incendio forestal iniciado á primeira hora desta tarde, e xa controlado, no municipio pontevedrés do Porriño está a causar retencións de circulación na autovía A-55 a causa do fume.

En concreto, segundo informaron a Europa Press fontes da Consellería de Medio Rural, o lume iniciouse sobre as 16.46 horas no lugar de Torneiros e quedou controlado ás 18,07 horas. Na zona traballan dous axentes, tres brigadas e tres motobombas.

A proximidade das chamas á autovía A-55 e a presenza de abundante fume está a dificultar a circulación e xerando conxestión de tráfico, segundo informou a DXT. Os problemas prodúcense entre o quilómetro 16,5 e o 17,7, onde hai un carril pechado.