InicioMedio Ambiente e PatrimonioLoita contra as velutinas nas Illas Cíes

Loita contra as velutinas nas Illas Cíes

PUBLICADO O

A Xunta de Galicia dá por “semiestabilizada” a expansión da ‘vespa velutina’ ou avespa asiática, ao retardarse o aumento no número de niños detectados na comunidade, aínda que alertou de que os datos deben tomarse “con cautela”, porque poden variar “dun ano a outro”, do mesmo xeito que pode sufrir lixeiras variacións o ciclo biolóxico desta especie invasora.

De feito, a velutina chegou tamén a espazos protexidos, como o Parque Nacional de Illas Atlánticas. Fontes de Medio Ambiente confirmaron a Europa Press que, este ano, se retiraron 6 niños, un deles “primario”, nas illas Cíes, por parte de persoal do propio Parque.

Medio Ambiente enmarcou esta actuación na “campaña continuada de control de especies exóticas invasoras” do Programa de Conservación de Espazos Naturais e Reinserción, no que colabora o Parque Nacional das Illas Atlánticas. Un dos principais obxectivos do programa é eliminar especies foráneas, “sobre todo cando pon en perigo a biodiversidade”.

En todo caso, precisaron desde este departamento autonómico, “a situación está controlada, como demostra o feito de que os niños se detectaron con rapidez” e foron eliminados de forma inmediata. Toda a reportaxe no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...