InicioMedio Ambiente e PatrimonioA Garda Civil investiga a un veciño de Vigo por un delito...

A Garda Civil investiga a un veciño de Vigo por un delito de incendio forestal en Cangas ocasionado por neglixencia

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil investiga penalmente a un veciño de Vigo como presunto autor dun incendio forestal en Cangas debido a unha posible neglixencia con ocasión dunha queima de restos forestais.

O lume produciuse o pasado mes de maio con motivo dunha queima de restos agrícolas que estaba a realizar o propietario dunha leira na parroquia de San Salvador de Coiro, ao propagarse o lume a un arboredo contiguo, que tamén é do mesmo dono.

Segundo as investigacións realizadas polos efectivos da patrulla do Seprona de Cangas, púidose concluír que o propietario da leira, que ten o seu domicilio habitual en Vigo, aínda que notificara a realización da queima, estaba a realizala un día antes dos días que tiña autorizados.

“O incendio púidose producir como consecuencia do inadecuado control que esta persoa debería ter exercido sobre o lume e, sobre todo, pola carencia de medios ao seu alcance que lle permitisen evitar e, no seu caso, remediar, calquera eventualidade como a que se produciu”, explica o atestado do Seprona, segundo recolle a Garda Civil nun comunicado.

Nos labores de extinción do incendio participaron varios efectivos do Posto Principal da Garda Civil e Policía Local de Cangas, un axente forestal e efectivos de Protección Civil de Cangas. As dilixencias instruídas entregáronse no Xulgado de Instrución de garda de Cangas, onde deberá comparecer o investigado cando sexa citado.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...