Limpan o río Pinicho ao seu paso por Nigrán

A Xunta acomete labores de limpeza e conservación no río Pinicho, ao seu paso por Nigrán (Pontevedra). XUNTA

A Xunta comezou, a través de Augas de Galicia, a acometida de labores de limpeza e conservación nun tramo interurbano de 130 metros do río Pinicho, ao seu paso polo núcleo das Telleiras, en Nigrán (Pontevedra).

Segundo indicou nun comunicado a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, os traballos consisten na retirada de árbores e ramas caídas das marxes do río e na roza da maleza que os invade.

En concreto, estas actuacións desenvólvense nos treitos interurbanos dos ríos e enmárcanse nun programa de mantemento, conservación e mellora destas áreas na zona sur de Galicia.

Deste xeito, aspírase a mellorar os espazos polos que discorren os ríos co obxectivo de favorecer os aspectos ambientais e de uso social na súa contorna.