InicioMedio Ambiente e PatrimonioInvestigadores vigueses confirman que os microplásticos invaden o Mediterráneo

Investigadores vigueses confirman que os microplásticos invaden o Mediterráneo

Así o recolle un estudo no que participou o Oceanográfico de Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Científicos do Instituto Español de Oceanografía (IEO) e dos centros oceanográficos de Vigo e Murcia levaron a cabo un estudo mediante o que se confirmou a presenza de microplásticos na costa mediterránea española.

Segundo recolleu o IEO nun comunicado, o informe foi publicado na revista ‘Environmental Science and Pollution Research’ e concluíu que os microplásticos están presentes “en todos os sedimentos recolleitos desde Alxeciras a Barcelona”.

En concreto, para avaliar o estado da costa mediterránea, estudouse a presenza destes residuos en dez localidades: Alxeciras, Málaga, Castell de Ferro, Almería, Cartaxena, Benidorm, Benicarló, Vallcarca, Barcelona e Palma de Mallorca. Durante a investigación, atopáronse microplásticos en todos os sedimentos artificiais. O 82 por cento deles foron fibras e, o 18 por cento restante, fragmentos, films e pellets.

Distintos axentes atmosféricos provocan que se degraden os obxectos plásticos e que estes se dividan en pequenos anacos de menos de cinco milímetros, denominados microplásticos, que se adoitan acumular en fondos mariños. A aglomeración dos microplásticos en distintas zonas vese condicionada por distintos factores, como as mareas, a ondada, o turismo e as descargas, entre outros.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...