InicioMedio Ambiente e PatrimonioComo poderán acceder os familiares dos residentes da Illa de Ons nos...

Como poderán acceder os familiares dos residentes da Illa de Ons nos días de máis afluencia de turistas?

PUBLICADO O

- Advertisement -

A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, convocou ao alcalde de Bueu, Félix Juncal, aos grupos das asociacións veciñais e a representantes de asociacións veciñais a unha reunión este martes para fixar as condicións da extensión do acceso a familiares dos residentes na Illa de Ons.

Esta convocatoria prodúcese despois de que o Executivo autonómico cancelase a fixada para o pasado 15 de maio ao considerar que se politizaron as negociacións e propuxese o adiamento ata despois das eleccións municipais, segundo recolleu nun comunicado a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

O Goberno galego avanzou que, no encontro, Belén do Campo detallará aos asistentes que os residentes e o persoal que traballa en labores autorizados polo Parque Nacional das Illas Atlánticas están excluídos do cómputo total de persoas que poden acceder á Illa de Ons. O Plan Reitor de Usos e Xestión (PRUX) do parque nacional estipula que a illa poderá recibir un máximo de 1.300 visitantes ao día durante a tempada alta.

Tamén lembrou que se abriu o acceso aos familiares de ata cuarto grao dos residentes, aos que se identificará cun carné. A Xunta calculou que se emitirán ao redor de 500 pases, aínda que advertiu de que a ampliación deberá respectar os informes técnicos que sinalan “a capacidade de carga deste enclave natural”.

Os veciños de Ons, co apoio do Concello de Bueu, ao que pertence a illa, denunciaran que as novas condicións de acceso limitábano aos concesionarios e os seus ascendentes ou descendentes, coa consecuente exclusión doutros familiares. Como protesta e a pesar da desconvocatoria da reunión, concentráronse ante o Palacio de Congresos de Santiago o pasado día 15.

ÚLTIMAS

Do voto dos emigrantes ao voto da diáspora: como mudou o sufraxio exterior en Galicia

Durante décadas, o voto exterior galego funcionou cun sistema no que a Administración enviaba...

“Ecomapa 2026” destapa máis de 800 “puntos negros” no arboredo urbano de Vigo e Baiona

Un total de 873 alcorques con deficiencias foron localizados en Vigo e Baiona durante...

A Nao Santa María chegará por primeira vez a Vigo e poderá visitarse durante dez días

A Nao Santa María visitará por primeira vez na súa historia o porto de...

PP ve o adianto electoral a “mellor para España” e BNG cre que é unha “oportunidade” de “apoio masivo”

O PP de Vigo cre que o adianto electoral anunciado por Pedro Sánchez este...