InicioMedio Ambiente e PatrimonioA Garda Civil rescata a un can con feridas en todo o...

A Garda Civil rescata a un can con feridas en todo o corpo na parroquia de Aldán, en Cangas

O seu dono sabía do seu estado pero non fixera nada.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un compoñente da patrulla do Seprona da Garda Civil de Cangas rescatou nesta localidade pontevedresa a un can que deambulaba pola rúa nunhas deplorables condicións hixiénico-sanitarias.

Os feitos sucederon na tarde do martes na parroquia de Aldán, cando este garda civil, que circulaba no seu vehículo particular, observou que a condutora do turismo que lle precedía detívose para auxiliar a un can que camiñaba con dificultade pola rúa.

Entre os dous puideron comprobar que o animal, ademais de presentar unhas deplorables condicións hixiénicas, tiña o corpo recuberto de feridas, sobre todo na boca. Coa axuda da Protectora de Animais do Morrazo prestáronselle os primeiros auxilios e a través do microchip púidose localizar ao propietario do can, que resultou ser un veciño da mesma parroquia.

O can, que segundo as primeiras apreciacións presentaba un grave estado de deshidratación e desnutrición, foi ingresado nunha clínica veterinaria para o seu tratamento e rehabilitación.

O dono do can, que aparentemente tiña coñecemento das as súas feridas e as condicións nas que se atopaba, foi denunciado ante a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia como suposto autor dunha infracción grave tipificada na Lei de Benestar Animal de Galicia.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...