InicioMedio Ambiente e PatrimonioMarea critica a "nefasta xestión" do patrimonio vigués

Marea critica a “nefasta xestión” do patrimonio vigués

PUBLICADO O

O grupo municipal Marea de Vigo criticou este martes a “nefasta xestión” e o “abandono” do patrimonio arquitectónico e etnográfico da cidade por parte do goberno de Abel Caballero, e pediu que se “blinde” ese patrimonio no novo Plan Xeral e mesmo que se destinen fondos do programa ‘Vigo Vertical’ á súa recuperación e posta en valor.

Así o manifestou o portavoz do grupo, Rubén Pérez Correa, quen lamentou a “nula” xestión para preservar o patrimonio industrial, e puxo como exemplo a inminente derriba das instalacións de Cordelerías Mar.

Por outra banda, tamén criticou a actuación en Leira Solita onde, en lugar de facerse unha rehabilitación desta casa indiana, “fíxose unha consolidación da ruína”. “É unha actuación, cando menos, discutible”, apuntou.

Rubén Pérez puxo outros exemplos da “pouca sensibilidade patrimonial” do goberno municipal, como o “abandono” do Pazo da Raposeira, que hai pouco se reintegrou no catálogo de bens do Concello e que o goberno local non rehabilitou “alegando que Fomento non lle daba as axudas” cando gobernaba o PP. “Este ano hai que pedilas outra vez, pero parece que se goberna o PSOE xa non se queren pedir”, incidiu.

O portavoz de Marea tamén mencionou o conxunto etnográfico dos muíños de Viloura, en Castrelos, algúns dos cales “se están matriculando en leiras particulares”; o chalé ‘Agarimo’; ou a Mina Román, en San Roque, que “nin sequera está no catálogo de patrimonio do Concello”.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...