InicioMedio Ambiente e PatrimonioO goberno local pide ocuparse do Lagares a través dunha encomenda de...

O goberno local pide ocuparse do Lagares a través dunha encomenda de xestión

O Concello quere poder manter limpo o río, ante a situación de "abandono" no que o mantén Augas de Galicia. Iso non quitaría que a competencia siga sendo autonómica, aseguran.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O goberno municipal de Vigo presentará no pleno deste mércores unha moción na que reclama á Xunta que, a través da figura da encomenda ‘de xestión’, ceda ao Concello a capacidade para manter e limpar as canles do río Lagares, dado que Augas de Galicia o mantén nun estado de “abandono e deterioración”.

Así o trasladou en rolda de prensa a concelleira de Urbanismo, María José Caride, quen lamentou que a canle do río, que discorre na súa totalidade polo termo municipal de Vigo, presenta zonas con material vexetal que non se retira, zonas de servidume que non están expeditas e “nin se vixía nin se conserva” por parte da administración autonómica.

Por iso, o grupo municipal do PSOE instará á Xunta a que faga efectiva unha disposición legal da lei de administración das Comunidades Autónomas, a encomenda de xestión, para permitir que o Concello se encargue da xestión e limpeza do río, sen prexuízo de que a competencia siga sendo autonómica.

Así mesmo, na rolda de prensa deste martes tamén compareceu o portavoz do grupo, Carlos López Font, quen avanzou outras dúas mocións socialistas para o pleno deste mércores: unha para reclamar á Xunta que solvente o problema de seguridade e xestión das obras que fai en Navia, e outra para denunciar a “ocorrencia” “inmoral” da Consellería de Sanidade, sobre o gasto duns 600.000 euros en rotular os hospitais de Galicia.

ÚLTIMAS

O BNG responsabiliza á Xunta da saturación das Urxencias do Álvaro Cunqueiro

O BNG de Vigo responsabilizou este mércores á Xunta de Galicia da "saturación" do...

Detidos en Vigo tras roubar un coche, estrelalo e darse á fuga

Un home e unha muller, de 38 e 42 anos respectivamente, foron detidos na...

Prisión para unha condutora de Vitrasa e a súa parella por queimar dous autobuses con pasaxeiros

A Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a unha condutora de Vitrasa e ao seu...

Unha viguesa leva á Xunta 30.000 sinaturas para que se actúe contra os milleiros de bidóns radioactivos que hai fronte as costas galegas

Unha veciña de Vigo leva mañá á Xunta máis de 30.000 firmas recollidas en Change.org...