InicioMedio Ambiente e PatrimonioO esforzo transformador do animalismo: "Vou a expoñer o meu punto de...

O esforzo transformador do animalismo: “Vou a expoñer o meu punto de vista e loitar polo que creo”

Juan González, activista polos dereitos dos animais, non se fía dos datos demográficos do raposo aportados pola Federación de Caza: "É como se as tabaqueiras estudaran a mortalidade do tabaco".

PUBLICADO O

Juan González, activista, participa no Proyecto Gato e en concentracións contra a caza. O cal ás veces resulta compricado, posto que son campionatos con subvención pública pero cuxa ubicación tenta manterse en segredo, aínda que polo común sempre termine por filtrarse. Por exemplo, o pasado xoves 24 de xaneiro coñeceron que o campionato galego de caza do raposo, celebrado este sábado, sería entre Muros e Carnota.

Isto non foi impedimento para que Juan acudira ao mesmo, pola mesma razón que xa tomara parte no campionato rexional da provincia de Pontevedra, celebrado en Cotobade hai dúas semanas. A vindeira semana chega o campionato de España, que Galicia organiza por segundo ano consecutivo.

Juan leva dous anos visitando estas xornadas para participar en contra delas, pero hai quen leva dez, asegura. A súa maneira de actuar é conciliadora: “Eu sempre vou cunha mentalidade clara, facer o que poida para evitar que morran animais, respectando a todo o mundo mentres me respete. Vou a expoñer o meu punto de vista e loitar polo que creo”.

El e os seus compañeiros acoden moi cedo ao monte para espantar aos raposos e que se agochen a tempo das escopetas.

Campionato de caza do raposo/ Miguel Núñez

Nesta liña, durante o último campionato estivo conversando largo e tendido cun cazador, nun ton sen disputas: “Cada un pode ter distintos puntos de vista, o meu é que resulta moi prescindible matar animais por divertimento, porque isto non é deporte, é un hobbie, diversión”.

Campionato de caza do raposo/ Miguel Núñez

“E, por exemplo, por que é máis importante a vida dos cans dos cazadores que a dos raposos? Todo depende do punto de vista. Eles se basean na suposta superpoboación de raposo, pero non hai sobre a mesa ningún estudo máis que o que fixeron os propios cazadores, é como se as tabaqueiras estudaran a mortalidade do tabaco”, chancea.

Campionato de caza do raposo/ Miguel Núñez

“Acusan aos raposos de acabar cos coellos e que por iso hai que cazar aos seus depredadores, pero logo ao mesmo tempo organizan campionatos de cazar coellos. Tamén nos din que nós protestamos pero logo imos co coche e contaminamos. Hoxe en día todo é por interese”, resume.

Campionato de caza do raposo/ Miguel Núñez

Juan tamén colabora co Proyecto Gato: “En Vigo hai moitas colonias de gatos, pequenas e grandes. Dun só que quede sen esterilizar pode xurdir en moi pouco tempo unha colonia. En 3 meses complétase a xestación dunha gata, e en 3 meses máis as nacidas poden copular tamén. E se a iso sumas que cada gata pode ter 6 fillos dunha vez…”, aclara.

Gatos do barrio do Cura/ Miguel Núñez

“Vigo ten moitas colonias, e tamén os concellos dos arredores. Proyecto Gato funciona en Nigrán, Chapela, Porriño…”, engade. Agora mesmo están a traballar nun novo refuxio para gatos e cans en Vincios. 

Gatos do barrio do Cura/ Miguel Núñez

“O problema básico é a non esterilización. Cando están en celo, o instinto tíralles moito aos gatos, de feito se non deixas que se apareen poden pasalo moi mal. Así que cada dono debe valorar se é mellor que o gato sufra durante un momento, con anestesia, ou durante todas esas etapas. Ademais, coa esterilización evitas enfermidades do aparato reproductor, sobre todo nas gatas”.

Gato á espera/ Enrique Martínez

Desde Proyecto Gato cuidan a estes animais para que non morran de fame ou sufran enfermidades derivadas da desnutrición e outras doenzas. Juan tamén sinala os problemas causados polas persoas que proporcionan aos gatos silvestres alimentos non adecuados, moitas veces sen saber que xa están sendo coidados. “O Concello debería poñer carteis en cada colonia, porque a xente os ve e pensa que están a morrer de fame“, conclúe.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...