InicioMedio Ambiente e PatrimonioGalería de fotos: Saltan chispas entre cazadores e activistas na cacería de...

Galería de fotos: Saltan chispas entre cazadores e activistas na cacería de raposo de Cotobade, apoiada pola Xunta

A tensión entre ambos colectivos é cada vez máis grande.

PUBLICADO O

- Advertisement -

“A morte non é deporte”. Foi un dos lemas principais dos activistas este sábado no campionato de caza do raposo en Condado- Cotobade. Campionato a campionato, non deixa de aumentar a tensión cos cazadores, chegando a rexistrarse varias agresións durante a xornada.

Os activistas erguéronse moi cedo e perseguiron aos cazadores co obxectivo (cumplido) de reducir ao máximo as capturas acadadas.

Os activistas chegaron a realizar un minuto de silencio en memoria dos raposos abatidos.

Os corpos de seguridade traballaron para controlar a situación.

Na súa persecución dos cazadores, contaban con un menor coñecemento do terreo e medios máis básicos, así que algúns conseguiron escapar.

Nas próximas datas celebrarase o campionato de España en Galicia, no que se espera máis mobilización.

A pesar de que houbo campionatos provinciais tamén en Lugo, Ourense e A Coruña, o activismo concentrouse na nosa provincia.

ÚLTIMAS

A Xunta outorga ao Concello de Vigo unha concesión de ocupación para a recuperación ambiental da praia de Ou Vao

A Xunta outorgou ao Concello de Vigo unha concesión para ocupar 20.978,11 metros cadrados...

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...