Vídeo: Concentración en Vigo para esixir o endurecemento das leis contra o maltrato animal

PACMA organizou este acto en protesta polo Campionato de Caza do Raposo que se disputa este día 12 en Pontevedra.

Touro/ Dani Logar

“Endurecimiento penal contra el maltrato animal”. Este foi o lema máis repetido hoxe luns na concentración organizada polo Partido Animalista Pacma ás portas do Museo Marco de Arte Contemporáneo, na rúa do Príncipe.

O acto contou coa presenza dun numeroso grupo de persoas (ampla maioría de mulleres) para tratarse dun luns ás 12 da mañá. A acción non é aislada pois ten moito que ver co campionato de caza do raposo programado para esta fin de semana, concretamente o 12 de xaneiro co apoio da Xunta, e que os animalistas chaman a boicotear.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here