InicioMedio Ambiente e PatrimonioCinco ducias de voluntarios participan nunha nova xornada de eliminación de eucalipto...

Cinco ducias de voluntarios participan nunha nova xornada de eliminación de eucalipto en Hío

PUBLICADO O

- Advertisement -

Arredor de sesenta persoas participaron este domingo na xornada de eliminación de especies invasoras organizada polo Furatoxo na parroquia do Hío (Cangas). A iniciativa, que contaba coa colaboración da Comunidade de Montes do Hío e da cooperativa Pouso da Serra, desenvolveuse ao longo da mañá nunha extensa parcela próxima á area das Porteliñas.

Esta superficie, talada meses atrás, precisaba dunha actuación para evitar os gromos de eucalipto. O tempo, inestable durante toda a fin de semana e con chuvascos intermitentes, non conseguiu desanimar aos voluntarios que se achegaron ao monte do Hío.

Xornada contra o eucalipto/ A. O Furatoxo

A xornada comezou ás dez e media da mañá coa presentación da iniciativa a cargo de Manuel Crujeiras, membro da A.C. O Furatoxo, e cunha explicación da actuación e do procedemento a seguir do técnico forestal David Álvarez Graña.

Xornada contra o eucalipto/ A. O Furatoxo

“A importancia deste tipo de actividades non se limita unicamente a un beneficio ambiental, senón que axuda á concienciación da sociedade co entorno que nos rodea. Ao longo das tres horas de duración, o traballo levado a cabo polo voluntariado centrouse tanto na eliminación dos gromos de eucalipto coma en retirar a carapa dos cepos de eucalipto, unha acción moi pouco vistosa pero moi efectiva”, lembran desde a asociación.

Grazas á gran participación, o voluntariado puido relevarse nas distintas tarefas e incidir nunha superficie moito máis extensa da prevista inicialmente. A xornada rematou cun aperitivo a cargo da Comunidade de Montes, que quixo agradecer así a participación e a disposición das arredor de sesenta persoas que se achegaron.

Xornada contra o eucalipto/ A. O Furatoxo

Dende O Furatoxo amósanse moi contentos polas numerosas persoas que se achegaron á convocatoria, superando as súas propias expectativas, mais sobre todo pola resposta tan positiva que recibiron tanto a través das redes sociais coma a nivel persoal.

Trátase da segunda xornada de eliminación de especies invasoras que organizan e, visto o éxito, continuarán nos próximos meses con máis accións así.

Xornada contra o eucalipto/ A. O Furatoxo

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...