Atopan morta a cría de quenlla avistada na praia viguesa do Vao

Cría de quenlla atopada en Vigo / IEO.
Cría de quenlla atopada en Vigo / IEO.

Confirmado: científicos do Centro Oceanográfico de Vigo identificaron un novo exemplar de quenlla (prionace glauca) nas nosas praias.

Trátase dunha femia xuvenil de 80 centímetros de lonxitude e 1.300 gramos de peso, atopada morta logo de que esta pasada fin de semana se dera aviso da súa presenza na praia viguesa do Vao.

Este exemplar de tiburón azul fora localizado o pasado sábado na devandita praia e introducido de novo no mar, pero tristemente agora foi atopado morto e identificado polos científicos do Centro Oceanográfico de Vigo (Instituto Español de Oceanografía), coa colaboración dos biólogos da Cemma (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños).

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here