InicioMedio Ambiente e PatrimonioDespois da polémica de Jesús Calleja, agora é Abel Caballero o que...

Despois da polémica de Jesús Calleja, agora é Abel Caballero o que se esquece dos axentes forestais e medioambientais

Tralas protestas contra o programa de Cuatro 'Volando Voy', agora é o alcalde vigués o que tamén se esquece deste colectivo no seu agradecemento institucional ás persoas e colectivos que traballan contra os lumes, no primeiro aniversario da vaga de incendios de outubro de 2017.

PUBLICADO O

Estes son días de lembanza e dor para Galicia, cando se cumpre un ano da terrible vaga de incendios que calcinou case 50.000 hectáeeas no país e se cobrou catro vidas. Pero tamén son días para reivindicar a figura de centos de heroes anónimos que traballan cada día para evitar ou sufocar os lumes forestais. E dalgúns esquecéronse: os axentes forestais e medioambientais.

Este domingo e luns saltaba a polémica trala emisión na cadea de televisión Cuatro do programa ‘Volando Voy’, presentado polo popular aventureiro Jesús Calleja. O programa pretendía ser unha lembranza da traxedia que aconteceu hai agora un ano no Baixo Miño e unha homenaxe aos que loitan contra os incendios. O programa fora gravado en xuño pasado e na posprodución —na mesa de montaxe e edición— elimináronse todas as imaxes e declaracións de axentes forestais e medioambientais. Literalmente, foron borrados, malia estar todos os días a pé de monte. A polémica, publicada en Galicia Confidencial, foi de tal magnitude, que o propio Calleja, desde a India, enviou un vídeo coa súa rectificación, enxalzando, agora si, o traballo destes axentes.

Agora son o alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o seu equipo de goberno os que se esquecen dos axentes forestais e medioambientais. Na lembranza e agradecemento que publican dos que loitaron e seguen loitando contra os lumes —unha páxina enteira de publicidade a toda cor na prensa en papel que se paga cos cartos de todos os cidadáns—, Caballero dá as grazas ao pobo de Vigo, aos comuneiros, aos bombeiros, á Policía Local e Nacional, a Garda Civil e Protección Civil, que “levaron o seu traballo ao límite da heroicidade”. Como Calleja, borra do mapa os axentes forestais e medioambientais.

O malestar é palpable entre este colectivo, que se xoga a vida en cada incendio e que é o que está ao longo de todo o ano a pé de monte, e que está canso deste permanente esquecemento mediático e institucional do seu traballo.

Rectificará Abel Caballero, como fixo Jesús Calleja?

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...