InicioMedio Ambiente e PatrimonioVídeo: Mozos de Gondomar recordan cun documental o fume negro que cubría...

Vídeo: Mozos de Gondomar recordan cun documental o fume negro que cubría Galicia hai un ano

PUBLICADO O

O alumnado do IES Terra de Turonio de Gondomar vén de elaborar un documental que recolle o impacto dos incendios, agora que se cumple un ano dunha traxedia que asolou Vigo e a súa contorna, As Neves, Gondomar, Nigrán…

Hai xusto un ano, este alumnado que aparece no documental vivía en primeira persoa estes feitos que relatan a cámara. As declaracións foron recollidas nos días seguintes aos lumes que arrasaron boa parte do sur de Pontevedra.

Cando o 16 de outubro do pasado ano se reanudaron as clases no instituto, unha boa parte do alumnado aínda estaba baixo un grande shock. Unha parte importante do concello de Gondomar viuse afectada polos lumes desa tarde do domingo.

E o alumnado das parroquias que asisten ao centro estivo directamente implicado nas tarefas de extinción e socorro que se produciron na tarde-noite dese domingo.

Conscientes da gravidade da situación pola que pasaran algunhas familias e alumnos, desde o centro realizouse unha fase de entrevistas nesa mesma semana, gravadas en vídeo, co alumnado afectado.

Nas entrevistas narran como se produciron os acontecementos no seu entorno familiar: alumnos que tiveron que abandonar as súas vivendas, outros que axudaron na extinción directa con caldeiros ou mangueiras de auga, algúns que axudaron a desprazar ao gando doméstico ou aos cabalos do monte… así ata máis de 30 declaracións que relatan á camara unhas vivencias que non poden esquecer.

Desde Borreiros, Vincios, Morgadáns, Chaín, Peitieiros, Donas e mesmo de Chandebrito en Nigrán, contan como viviron os lumes nas súas casas.

O alumnado do Ciclo de Actividades Físico-Deportivas no Medio Natural realizou, nos días posteriores, unha visita de recoñecemento no Monte Galiñeiro, unha das áreas máis afectadas polos lumes, onde rexistraron as imaxes do desastre.

O curro do Galiñeiro, unha estrutura en madeira empregada para a xunta dos cabalos ceibes, quedou totalmente calcinada. As imaxes aéreas recollidas por un dron permiten ter unha panorámica do impacto do lume.

Foron os propios alumnos os que colaboraron na edición do documental. A edición correu a cargo de Mario Vila, de 4º da ESO, quen integrou as imaxes das entrevistas xunto ás gravadas polo alumnado do ciclo e outras dos medios de comunicación deses días. O resultado é unha peza audiovisual de 12 minutos que agora se divulga.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...