InicioDeportesDenis Súarez presenta no seu Salceda natal unha Escola de Fútbol para...

Denis Súarez presenta no seu Salceda natal unha Escola de Fútbol para o “desenrolo integral” dos nenos

PUBLICADO O

O equipo de traballo de Denis Suárez, centrocampista do F.C. Barcelona, presentoulle esta semana ao goberno do Concello de Salceda o proxecto de comunidade educativa da Escola de Fútbol Denis Suárez, recentemente creada no municipio e que botará a andar nesta tempada 2018/2019.

Preséntase un proxecto cunha metodoloxía específica, para converterse nunha escola que contará con un elemento diferenciador que é a comunidade educativa, no que se pretende un desenvolvemento integral dos nenos e nenas, co obxectivo xeral de conseguir a mellora e desenvolvemento das habilidades dos cativos e cativas para estimular as súas potencialidades nas diferentes áreas: área familiar, área social, área formativa, área de saúde, área cognitivo-conductual e área emocional.

O proxecto pretende seguir sumando na aposta polo traballo cos nenos e nenas de Salceda usando a propia escola e o deporte como ferramenta de traballo, acadando unha mellora na confianza en si mesmos e na autonomía persoal dos e das menores.

Para elo pártese dunha metodoloxía biopsicosocial basada en tres aspectos importantes: unha parte biolóxica que fai referencia ó funcionamento do corpo, unha parte psicolóxica na que se pretende traballar o pensamento, emoción e comportamento e finalmente a parte social, onde se atenden os factores sociais e culturais da sociedade salcedense.

Todo este traballo levarase a cabo a través da creación dunha escola de pais e nais, entrevistas individuais, sesións de coaching, talleres grupais e seminarios, tendo en conta a importancia do traballo en rede cos distintos profesionais que forman parte do día a día dos nenos e nenas.

O Alcalde e o resto do equipo de goberno trasladaron o seu agradecemento a Denis Suárez e ao seu equipo de traballo, “conscientes de que estamos a falar dunha oportunidade de ouro para os nenos e nenas de Salceda, que chega da man dun salcedense comprometido cos seus veciños e veciñas, e preocupado polo desenrolo integral dos cativos e cativas, e que en máis dunha ocasión ten manifestado o seu interese por ofrecerlles todo o que estea na súa man”.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...