InicioVigo e contornaO PorriñoPiden dous anos de prisión para unha traballadora do Concello do Porriño...

Piden dous anos de prisión para unha traballadora do Concello do Porriño por quedar parte de contratos con bandas

Está acusada dun delito continuado de malversación.

PUBLICADO O

A Sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra xulgará a partir deste martes, día 15 de novembro, e ata o vindeiro xoves, día 17, a unha traballadora do Concello do Porriño por supostamente quedar con parte do diñeiro de contratos con bandas de música.

Por estes feitos, Fiscalía solicita para ela dous anos de cárcere, ao considerala autora dun delito continuado de malversación. Ademais, tamén pide que dita empregada pague unha multa de 1.800 euros e inhabilitación especial para cargo público por tempo de catro anos, así como o pago dunha indemnización de 1.270 euros ao Concello do Porriño.

Tal como recolle o Ministerio Fiscal no seu escrito de acusación, os feitos polos que será xulgada remóntanse a 2016, cando a acusada se puxo en contacto cunha banda de música para concertar unha actuación para o Venres Santo.

O prezo era de 1.500 euros, ao que habería que restarlle 500 euros no caso de que a Deputación de Pontevedra subvencionase parte da mesma a través do programa ‘Pontegal’. Desta formal, a agrupación debería emitir unha factura polo importe total e, no caso de que finalmente fose concedida a axuda, devolver a súa contía ao Concello.

Así, unha vez se aprobou a subvención, a banda púxose en contacto coa acusada para saber como se debería devolver o diñeiro, dicindo ela “con ánimo de procurarse un beneficio indebido” que tiña que ser en man. Días despois, o director da banda entregou os 500 euros á traballadora do Concello, que ingresou na súa conta persoal, segundo denuncia Fiscalía.

A acusada tería levado a cabo accións similares a esta en varias ocasións, ata que unha das bandas sospeitou e púxose en contacto coa alcaldesa, a tesoureira e o interventor do Concello, momento no que descubriron as pretensións da acusada.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...