InicioVigo e contornaO PorriñoO Concello do Porriño advirte de multas de ata 3.000 euros por...

O Concello do Porriño advirte de multas de ata 3.000 euros por carteis publicitarios na rúa

“O espazo público é un lugar de convivencia que disfrutamos todos”, di o alcalde, o popular Alejandro Lorenzo.

PUBLICADO O

O Concello do Porriño lembra que colocar carteis publicitarios na rúa fora das zonas habilitadas e sen permiso está prohibido e advirte que a empresa ou persoa responsable dos mesmos pode ser multada con ata 3.000 euros.

A “Ordenanza municipal reguladora de convivencia cidadá, limpeza de vías públicas e recollida de residuos”, aprobada no ano 2010, prohibe a colocación e pegado de carteis e adhesivos en inmobles, muros, pontes, paredes ou beirarrúas sen autorización expresa do Concello.

No caso de que un inmoble particular sexa obxecto de pintadas ou pegado de carteis, o propietario do mesmo o comunicará ao Servizo Municipal de Limpeza, que procederá á súa limpeza con cargo ao responsable da publicidade.

Asemade, a norma estipula que a colocación de cada cartel, pintada ou pancarta que constitúa infracción será sancionada considerándose responsables aos beneficiarios da propaganda ou publicidade. As sancións por incumprir esta norma van dende os 751 euros ata os 1.500 euros, podendo chegar aos 3.000 euros en caso de reincidir.

“O espazo público é un lugar de convivencia que disfrutamos todos”, concluíu o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Para iso debemos manter a nosa vila limpa e respectar as normas”.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...