O incendio do polígono da Granxa, baixo control

Incendio A Granxa/ Miguel Núñez

Gracias ao labor de tódolos efectivos, a situación no incendio do polígono industrial A Granxa, no Porriño, atópase fóra de perigo. Aínda non foi posible apagar o lume, mais non hai risco de que se estenda e ocorran males maiores.

Incendio A Granxa/ Miguel Núñez

Chegaron bombeiros de Vigo, Vilagarcía ou O Morrazo, ademais da Policía Local e gardas forestais, e o 112 empregou un helicóptero. O incendio, máis concretamente, acendeu na nave dunha empresa de reciclaxe de residuos metálicos, Alumisel.

Incendio A Granxa/ Miguel Núñez

Por fortuna, aos danos materiais non hai que sumar mortos nin feridos, en principio e segundo as principais axencias de comunicación. Na nave en cuestión acumulábase abundante chatarra como se pode apreciar na última foto.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here